Friday, January 15, 2010
AGAI
Presentación en Ourense do libro Judios e Inquisición en Ribadavia. De Gloria de Antonioeditado polo Concello de Ribadavia, Casa Sefarad-Israel e Red de Juderías de España (2009)
Terá lugar o vindeiro día 29 de Xaneiro, venres, ás 19:30 horas no Liceo Recreo de Ourense, rúa das Lamas Carvajal, 5.
A presentación do libro dará o peche a presenza en Ourense da exposición "Testemuñas do Holocausto" organizada por AGAI con motivo da conmemoración do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto que ten lugar todos os anos o 27 de Xaneiro, en data instaurada por Nacións Unidas. A Exposición estará aberta ao público desde o 16 ate o 29 de Xaneiro nos salóns do Liceo de Ourense.
Presenta: Afonso Vázquez-Monxardín. Escritor e socio de AGAI
Intervén: Gloria de Antonio Rubio. Doutora en Historia Medieval (UNED, 2002) coa tese "Comunidades judias en Galicia (siglos XI — XV)", dirixida polo Doutor Enrique Cantera Montenegro. Posteriormente, no ano 2006, foi publicada pola Fundación Pedro Barrié de la Maza, dentro da colección Galicia Histórica, co título "Los judíos en Galicia (1044-1492)". Esta obra foi galardonada en Israel co Premio Samuel Toledano (Jerusalén, 2008). Gloria de Antonio é tamén autora de numerosos capítulos de libros e artígos publicados en diversas revistas de ámbito nacional e internacional, así como de varias monografías de carácter xeral. Cabe mencionar, entre elas, "Os xudeos de Galicia" (Santiago, 2002). Forma parte desde o ano 2000 dos equipos de investigación do Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento" (CSIC-Xunta de Galicia), participando específicamente nos traballos vinculados ao Dicionario Biográfico da Galicia dos Trastámara (1469-1480), proxecto financiado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza. Achegamos de seguido algunhas das colaboracións da Profesora Gloria de Antonio no semanario israelí AURORA PICAR AQUI