Showing posts with label Pilar Rahola. Show all posts
Showing posts with label Pilar Rahola. Show all posts

Thursday, November 08, 2007

Shoah


Por Pilar Rahola


Preparemos as salas de conferencias, os palacios de congresos, o fórum das culturas, porqué van vir todos. Coas súas bonitas cabezas rapadas e os seus líderes de chaqueta repasada e máis pasada o ferro a conciencia. Xa non necesitan ir ao paraíso libertario de Irán para explicar que nunca existiu a morte masiva, que o millón de nenos exterminados nos campos nazis nunca deixaron alí o seu último alento, que os dous terzos de xudeus europeos desaparecidos no magma de seis millóns de asasinados nunca tiveron nome. Agora poderán pasear polas bonitas rúas de Barcelona e dicir, en voz alta, que nunca existiu o Holocausto. Os negacionistas, a lexión máis militante do revisionismo nazi, atopou ampara no magnífico Tribunal Constitucional español, e hoxe xa saben que negar o Holocausto é unha cuestión de opinión, e non un acto de ignominia, crueldade e antisemitismo. Teñen o amparo legal, e o ceo caeu sobre as nosas cabezas. Mentres Ángela Merkel se desgañita polos recunchos do sentido común, esixindo que a negación do Holocausto sexa delito na Unión Europea, na España -é- diferente do alto tribunal florecen as ideas do ultraliberalismo opinador, e España pasa a ser o país de Europa onde máis felices vivirán todos estes indesexables. A liberdade, convertida na coartada do fascismo. Pregúntome, coa miña maldade característica, se sería legal negar a existencia das vítimas de ETA ou considerar que nunca existiu a dor terrorista. E, porqué sei a resposta -e apláudoa-, pregúntome como é posible que alguén considere legal negar a traxedia máis grande da historia de Europa. É unha tolemia. E, sobre todo, é unha irresponsabilidade. Si. Recoñezo a miña profunda tristeza. Por que esta decisión é un puñal no corazón dos que aínda están vivos, no recordo dos que perderon familias enteiras, pobos borrados do mapa, xeracións hipotecadas no buraco negro do horror. Creo que é unha burla ás vítimas e un alento aos verdugos. É dicir, é unha derrota da xustiza, da memoria e da dignidade.


Postagem: Andre-Moshe Pereira, Presidente Kehillah Or Ahayim,

Director Ceimom, Porto_GAIA